En tempos penosos, por falta de traballo e de recursos, a mirada cara ao campo sempre é formulada como unha alternativa de supervivencia.
A pesar das "titulacións", o fracaso escolar, máis que evidente, é constatado. É posible que por falta de método, de interese dos alumnos, de recursos...
Na BISBARRA DO BARBANZA o desenvolvemento vitícola foi pleno no seu día. Grandes producións e bos viños que foron minguando co tempo ata hoxe e perdendo notoriedade fronte a outras zonas de cultivo galegas.
Estudos hai, por entendidos mais que cualificados, certificando que existen zonas edafoclimáticas idóneas para o cultivo da vide nesta bisbarra. Pola contra, tamén hai quen di que a zona non reúne condicións. O caso é que a vide é cultivada en numerosos países do mundo en condicións ben diferentes. A bisbarra de Barbanza e Iria é unha delas e, sabendo que a tendencia de hoxe en día é a diferenciación dos viños nun mercado saturado de "monovarietales indiferenciables", a Indicación Xeográfica Protexida Barbanza e Iria é unha POSIBILIDADE DE DESENVOLVEMENTO para aqueles mozos que vexan o mundo do campo e do viño como unha oportunidade de emprendimento, de vida diferente... e non como unha alternativa.
Non é doado, require FORMACIÓN e esforzo, pero non máis que en calquera outro sector no que se pretenda ter éxito. O CIFP AGRANXA (http://www.edu.xunta.es/centros/cifpgranxa/), o máximo referente formativo do mundo da viña e o viño en Galicia, ofrece a posibilidade de internarte neste mundo cunhas extraordinarias instalacións nas que, se se ten interese e ambición, se lle pode sacar un gran partido.
Por outra banda, na zona hai xente que leva traballando moito tempo para sentar as bases e, como adoita ser habitual, obtén maior recoñecemento fóra das súas fronteiras que no seu propio ámbito.
Si ben é certo que aquí é extremadamente difícil concentrar parcelas para o cultivo da vid, tamén é certo que os viños que están brillando son os elaborados de maneira natural por colleiteiros ou adegueiros pequenos cualificados.
Traballar a viña para obter viños diferentes para todo tipo de xente.
Dende aquí, animo a rapazas e rapaces a ver o mundo da vitivinicultura como unha alternativa ao que xan teñen. É unha viaxe de longo percorrido pero, ben traballado, pola natureza da vid, ten a satisfacción de deixar o seu legado as xeracións futuras en mellores condicións das que se encontrou.
xoves, 11 de xullo de 2013
COMVENTTO GALICIA: Viña e viño
Comventto Galicia é una nova
empresa situada en Boiro, pero que desenrolará a súa actividade na Bisbarra do
Barbanza, Noia e Iria.
O seu fin é comercializar os nosos productos, disfrutar, compartir información e
aprender das experiencias daquelas persoas que teñan inquietudes dentro do
mundo da vitivinicultura.
Viña e Viño.
Iso é porque abranguemos e comercializamos materias
relacionadas entre si no que se refire a:
viticultura
(fitosanitarios, ferramenta, accesorios, servizos, etc.)
enoloxía (venda
de produtos e análises enolóxicas)
viño (venda
e distribución)
ocio (club de cata, visitas a adegas)
centro informativo (talleres cata, elaboración, poda, etc.)
Se os afeccionados ao viño botaban de menos na bisbarra un centro no que compartir as súas experiencias e vivir outras novas, en Comventto teñen un aliado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)